sobre arquia pensións

Arquipensiones, S.A., Entidade Xestora de Fondos de Pensións, constituíuse como sociedade anónima en España o 26 de xuño de 1989. As Sociedades xestoras de fondos de pensións están sometidas a unha normativa legal específica e que basicamente se desenvolve no Real decreto lexislativo 1/2002 do 29 de novembro polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de regulación dos plans e fondos de pensións e no Real decreto 304/2004, do 20 de febreiro, que a desenvolve regulamentariamente. Así mesmo, réxese polo Real decreto lexislativo 6/2004 do 29 de outubro, polo que se aproba a Lei de ordenación e supervisión dos seguros privados e demais disposicións que a desenvolven.

A Sociedade pertence ao grupo económico Caja de Arquitectos Sociedad Cooperativa de Crédito y sociedades dependientes. Foi inscrita co número G0137 no Rexistro Especial de Entidades Xestoras de Fondos de Pensións do Ministerio de Economía e Facenda o 21 de xullo de 1989, data en que de feito comezou as súas operacións. O domicilio social está fixado en Barcelona, en Pasaje de Carsi número 12.

O seu obxecto social e actividade exclusivos son a administración de fondos de pensións. A Sociedade xestiona os seguintes fondos de pensións:

  • Arquidos, Fondo de Pensiones, constituíuse como Fondo de Pensións coa correspondente escritura pública o 21 de setembro de 1989 por un período de tempo indefinido. O Fondo está inscrito no Rexistro Administrativo de Fondos de Pensións da Dirección Xeral de Seguros, dependente do Ministerio de Economía e Facenda, co número F0129.
  • Fondo de Pensiones de la Mutualidad de Previsión Social de los Colegios Oficiales de Arquitectos de Aragón y de la Rioja constituíuse como Fondo de Pensións coa correspondente escritura pública o 10 de outubro de 1990 por un período de tempo indefinido. O Fondo está inscrito no Rexistro Administrativo de Fondos de Pensións da Dirección Xeral de Seguros, dependente do Ministerio de Economía e Facenda, co número F0245
  • Arquidos Bolsa, Fondo de Pensiones, constituíuse como Fondo de Pensións coa correspondente escritura pública o 27 de xullo de 2000 por un período de tempo indefinido. O Fondo está inscrito no Rexistro Administrativo de Fondos de Pensións da Dirección Xeral de Seguros, dependente do Ministerio de Economía e Facenda, co número F0740.
  • Arquidos Inversión, Fondo de Pensiones, constituíuse como Fondo de Pensións coa correspondente escritura pública o 27 de xullo de 2000 por un período de tempo indefinido. O Fondo está inscrito no Rexistro Administrativo de Fondos de Pensións da Dirección Xeral de Seguros, dependente do Ministerio de Economía e Facenda, co número F0739.
  • Arquidos Crecimiento, Fondo de Pensiones, constituíuse como Fondo de Pensións coa correspondente escritura pública o 27 de xullo de 2000 por un período de tempo indefinido. O Fondo está inscrito no Rexistro Administrativo de Fondos de Pensións da Dirección Xeral de Seguros, dependente do Ministerio de Economía e Facenda, co número F0738.
  • Arquidos Monetario, Fondo de Pensiones, constituíuse como Fondo de Pensións coa correspondente escritura pública o 16 de outubro de 2001 por un período de tempo indefinido. O Fondo está inscrito no Rexistro Administrativo de Fondos de Pensións da Dirección Xeral de Seguros, dependente do Ministerio de Economía e Facenda, co número F0848.